A partir de mañá 7 de abril ofrecemos este servizo de apoio psicolóxico. Sabemos que estes días de confinamento polo Covid19 precisades un respiro, unhas pautas… unhas palabras. Este servizo será atendido pola psicóloga da entidade que traballa no programa integral de atención a persoas maiores.
O servizo vai dirixido ás persoas coidadoras que teñan ao seu cargo persoas maiores ou persoas dependentes e que precisen apoio durante esta etapa de confinamento.
Este servizo estará dispoñible os martes e os xoves de 11:00 a 13:00.
Pódese solicitar non teléfono 640 687331
Si, o servizo non ten custe directo para as persoas benificiarias, xa que se financia gracias ás persoas que marcaron a X Solidaria na súa declaración da renda no ano 2019. Gracias á campaña da X Solidaria moitas entidades sociais poden levar a cabo os seus proxectos. Queres saber como funciona? Preme no seguinte enlace.
https://www.xsolidaria.org/index.php
Tamén colabora a Deputación de Ourense a través da liña de subvencións a
entidades sen ánimo de lucro que presten servizos sociais na provincia de Ourense para financiar gastos de prestación de servizos sociais que teñan por finalidade facer fronte ás necesidades de persoas especialmente vulnerables ocasionadas pola pandemia do COVID 19.