Estamos na procura dunha monitora ou monitor para o programa medioambiental.
Trátase dunha contratación temporal, de aproximadamente dous meses e medio, ata mediados ou finais de agosto. Será unha contratación a tempo parcial, de 15 horas semanais e con flexibilidade horaria.
O perfil da persoa que traballe como monitor/a do programa medioambiental ten que cumprir unha serie de requisitos entre os que destaca que teña titulación na rama de medioambiente, sexa un Ciclo Formativo de Grao Superior de Técnico/a en Recursos Naturais, Educador/a ambiental, enxeñería agrícola ou similar.
Obxectivo do Programa de Investigación, Concienciación e Sensibilización Medio Ambiental
Investigar, formar e concienciar sobre as cuestións ambientais nas diferentes áreas de actividade da entidade e co apoio da poboación rural.
Liñas de acción prioritarias:
Debido á situación actual ocasionada polo COVID19 precisamos que sexa unha persoa con habilidades e competencias para traballar nun entorno de aprendizaxe, ensinanza e traballo virtual, unha persoa flexible e adaptable ás necesidades que poidan xurdir durante o desenvolvemento do programa.
Se cumples os requisitos, e cres que podes encaixar, podes contactar con CDR Portas Abertas nos teléfonos 988 417232 ou 988 989508 en horario de oficina.
Comparte nas túas redes para que chegue á persoa adecuada!