Concienciación e formación sobre a reciclaxe en colaboración co Concello de Verín.

Precisamos monitor/a para programa medioambiental no CDR Portas Abertas
25/05/2020
Iniciamos un nuevo itinerario en el marco del Programa Poises
14/09/2020
Mostrar todo

Concienciación e formación sobre a reciclaxe en colaboración co Concello de Verín.

No marco do programa de «Voluntariado Ambiental» O CDR Portas Abertas, desenvolve esta actividade de concienciación e formación sobre a reciclaxe, en colaboración co Concello de Verín.Esta actividade consta duns paneis informativos, que se distribuirán polos puntos de recollida de lixo e tamén polas redes sociais. Neles poderemos ver que elementos se poden reciclar, e cal colector sería o indicado.Entre todos, podemos conseguir que Verín sexa un referente na xestión de residuos, e aportar o noso graniño de area, para coidar do noso planeta.

Os paneis indican os residuos que se poden deixar en cada colector e cales non.

No iglú verde, botellas de vidro, tarros de alimentos e frascos de vidro, sempre sen tapón deben deixarse, mentres que obxectos de cristal non son adecuados para este punto de recollida.

Iglú verde

No colector azul, destinado a papel e cartón, non deixaremos aqueles residuos que estén manchados de aceite ou restos orgánicos, mentres que as caixas, papel de xornal, papel de uso diario ou de envolver atopan no colector azul o seu lugar.

Colector azul

O colector amarelo adoita ser un dos que máis dúbidas pode xerar, polo que neste cartel queda claro que os envases metálicos, envases tipo brik, e os envases de plástico poden ser reciclados logo de ser depositados no colector amarelo. Pola contra outros obxectos que van no colector amarelo, poden ter outra vida se se deixan nos puntos adecuados, como puntos sigre, puntos limpos ou mesmo pode ser o propio fabricante que retire os residuos como no caso das cápsulas de café.

Colector amarelo

Tes dúbidas sobre onde se recicla algún obxecto ou residuo? Podes contactar co CDR Portas Abertas ou preguntar na área de medioambiente no teu concello.

E recorda que para facer un planeta máis sostible sempre podes aplicar a norma das tres RRR:

REDUCE, REUTILIZA e RECICLA.

Ir al contenido