No CDR Portas Abertas seleccionamos unha persoa para realizar plans de igualdade para organizacións externas.
Elaboración e asistencia na implementación de plans de igualdade en organizacións externas de diversos sectores, na provincia de Ourense.
Requírese contar con experiencia nalgunha desta áreas ou outras similares que permitan acadar un perfil competencial similar, sempre tendo en conta que o enfoque de xénero é fundamental para a adecuación da profesional a este posto.
Capacidade de análise e planificación estratéxica.
Comunicación interpersoal, habilidades para a negociación, orientación ao cliente, asertividade, empatía e adaptabilidade a diferentes entornos.
Planificación, autonomía, traballo a distancia, xestión da documentación e da información, capacidade de transferencia dende a perspectiva de xénero.
Docencia e dinamización de actividades grupais.
Proceso de elaboración, implementación e certificación dos plans de igualdade.
Políticas públicas, normativas e fontes de información en materia de igualdade.
Recibiranse candidaturas ata o día 21 de setembro de 2020 a través do correo electrónico: orientacion@cdrportasabertas.org
Para consultas, a través do mesmo correo ou no teléfono:988 417232 en horario de mañá de luns a venres.
Contrato por obra e servizo e xornada variable segundo necesidades das organizacións externas.
Horario flexible
Salario segundo convenio de Acción Social