Itinerarios Integrados contra a despoboación. Orientación, acompañamento e formación en informática

Curso Alfabetización Dixital II
13/09/2021
CURSO 15 e 16 de outubro: Xestión económica e contable de empresas do medio rural
15/09/2021
Mostrar todo

Itinerarios Integrados contra a despoboación. Orientación, acompañamento e formación en informática

Portas Abertas ofrece orientación, asesoramento individualizado, acompañamento á inserción e emprendemento sostible, e formación para persoas en idade activa na comarca de Monterrei.

  • Dentro do programa POISES, este itinerario lévase a cabo entre setembro e decembro, e contén formación gratuita en uso de ferramentas informáticas para o ámbito laboral.
  • O itinerario está destinado a persoas en idade activa, traballadoras ou desempregadas, que queiran mellorar a súa empregabilidade.
  • As accións son gratuitas e financiadas polo Fondo Social Europeo (FSE invirte no teu futuro)

Entre os meses de setembro e decembro o CDR Portas Abertas levará a cabo por terceira vez no 2021 os Itinerarios integrados contra a despoboación .  Ofrécese orientación laboral e asesoramento individualizado para todas as persoas participantes.  Aquelas persoas que o planeen así no seu itinerario poderán acceder tamén a unha formación específica  de 25 horas: “Informática para o ámbito laboral” . Nesta acción formativa búscase que as persoas participantes adquiran e desenvolvan habilidades dixitais de traballo na nube, redes sociais e dinamización de comunidades virtuais nos sectores laborais que xeran emprego na comarca de Verín.

Tamén inclúe formación obrigatoria de 10 horas en igualdade de oportunidade e sensibilización medioambiental, unha formación que procura que o alumnado adquira coñecementos transferibles ó seu ámbito laboral.

Este programa está dirixido a persoas en idade activa, desempregadas, traballadoras ou aquelas que teñan necesidade de mellorar a súa empregabilidade.

Tal como sucedeu en itinerarios anteriores tamén se ofrece asesoramento a persoas que queren poñer en marcha un proxecto de emprendemento sostible, acompañándoas dende a xeración e análise da súa idea de negocio ata o desenvolvemento de habilidades para a posta en marcha.

Dende Portas Abertas destacamos o alto compromiso das persoas que teñen participado nos itinerarios co seu plan de traballo, así como a valoración positiva que fan da súa participaciónen programas como o Poises.

A selección de participantes para este itinerario lévase a cabo durante todo o mes de setembro aínda que durante todo o ano hai persoas que se achegan a Portas Abertas para solicitar orientación laboral, acompañamento na inserción ou formación e sempre tratamos de darlle resposta e deseñar o itinerario dacordo ás súas necesidades.

Estes itinerarios realízanse en outras zonas rurais tamén a través de COCEDER adaptándose ás necesidades de cada zona e as peculiaridades das persoas benficiarias, promovendo a inclusión social e loitando contra a pobreza e calquera forma de discriminación. Máis info en https://www.coceder.org/programa-operativo-poises/

As persoas interesadas en participar poden solicitar cita acudindo ós  centros de Portas Abertas en Verín e Vilardevós, por teléfono 988989508 988417232 ou contactando no correo rural@crportasabertas.org

Estos itinerarios enmárcanse no Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES-CCI2014ES05SFOP012), dentro do seu eixe para promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación e confinanciados pola Xunta de Galicia a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no Medio Rural (con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería con competencias en materia de política social).

Ir al contenido