PROGRAMA POISES: Orientación, acompañamento e formación en poda .

Participamos nas I Xornadas de Emprendemento e Orientación Profesional do IES García Barbón
27/10/2021
Cursos de alfabetización en Verín en 2022
17/01/2022
Mostrar todo

PROGRAMA POISES: Orientación, acompañamento e formación en poda .

No marco do programa ITINERARIOS INTEGRADOS CONTRA A DESPOBOACIÓN, do PROGRAMA POISES que realizamos a través de Coceder  iniciamos un novo itinerario entre o 01/01/2022 e o 30/04/2022. Faremos as seguintes accións:


ORIENTACIÓN LABORAL

Todas as persoas participantes reciben orientación laboral individualizada, na que realizamos a análise e diagnose da súa empregabilidade e deseñamos un plan de traballo e mellora acorde ó seu perfil. 

Contámosche como entendemos a orientación laboral no CDR Portas Abertas neste post

ACOMPAÑAMENTO E SEGUEMENTO Á INSERCIÓN SOCIOLABORAL E EMPRENDEMENTO SOSTIBLE. 

Tanto se a persoa participante ten como obxectivo emprender como se o busca traballo por conta allea, nesta fase realízase todo o asesoramento e desenvolvemento de competencias profesionais e transversais. Tamén se realizan accións de intermediación coas empresas da comarca.

*Se es unha empresa e precisas persoal, podes contactar con nós, asesorámoste sobre o proceso de selección e acompañamos a profesionais que están mellorando o seu perfil.

FORMACIÓN: PODA E COIDADOS DE ÁRBORES FROITEIRAS, 20H

Esta acción é opcional para as persoas que participan no itinerario, poden cursala se así se contempla no seu plan de traballo, para mellorar a súa empregabilidade sexa por conta propia ou allea. No 2021 obtivemos moi bos resultados en mellora da empregabilidade e insercións laborais coas persoas que cursaron unha formación similar.

Poden participar persoas en situación de desemprego, ou que estean traballando, que vivan na comarca ou que queiran vivir aquí (novos/as poboadores/as). 


Todas as persoas participantes no programa participan en orientación laboral, acompañamento e unha formación complementaria de sensibilización medioambiental e en igualdade de oportunidades, polo que se require un nivel de compromiso e interese en mellorar a empregabilidade.

Para inscribirse ou informarse:As persoas interesadas poden chamar ó 988417232 , ó  988989508, enviar un whatsapp ó 988989508 ou un correo a orientacion@cdrportasabertas.org

Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES-CCI2014ES05SFOP012), dentro do seu eixo para promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación e confinanciados pola Xunta de Galicia a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no Medio Rural (con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería con competencias en materia de política social).

Ir al contenido