Presentamos os programas para 2022

Programa ELAS 2022 Empoderamento, Liberdade, Autoestima e Solidariedade
09/02/2022
Servizo integral de apoio e asesoramento para o asentamento e fixación de novas persoas poboadoras no medio rural
10/02/2022
Mostrar todo

Presentamos os programas para 2022

Cando elixes marcar a X solidaria na túa declaración da renda contribúes a que se poidan desenvolver programas como os que a continuación presentamos, que desenvolveremos durante este ano 2022.

Continuamos traballando no medio rural, trando de dar resposta á diversidade de necesidades que observamos, dinamizando os nosos pobos e traballando en rede xunto con outras entidades.

Estes programas que presentamos réxense pola Orde do 9 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería de Política Social.

PROGRAMA INTEGRAL DE INTERVENCIÓN COMUNITARIA NO MEDIO RURAL

Formación, inserción laboral, inclusión, traballo en rede, apoio.

O programa integral de intervención no medio rural é o programa marco que rexe todas as nosas actuacións dirixidas a loitar contra a exclusión social e territorial e mediante o mesmo coordinamos todas as nosas intervencións. O obxectivo e o motor deste programa é fomentar a inserción social e laboral, a inclusión activa daquelas persoas ou colectivos en situación de vulnerabilidade que reside medio rural.

GALICIA ACOLLEDORA

Asesoramento legal, actividades de sensibilización, formación no idioma, obradoiros de economía e autoemprego, obradoiros de corresponsabilidade familiar.

Dende este programa pretendemos dar cobertura formativa, de mediación e de asesoramento legal a todas aquelas persoas migrantes que se atopen na nosa comarca. Tamén realizamos actividades interculturais, proporcionando espazos de convivencia, encontro, diálogo e solidariedade.

PROGRAMA DE ATENCIÓN ÁS NECESIDADES BÁSICAS DE PERSOAS DO MEDIO RURAL

Inclusión social, apoio e asesoramento, seguimento domiciliario, capacitación, motivación e outras actuacións dirixidas á cobertura de necesidades básicas de persoas en situación ou risco de exclusión social.

Ofertamos axudas e entregas de bens de primeira necesidade en coordinación cos servizos sociais das zonas nas que intervimos e con outras entidades sociais.

Prestamos información, orientación e acompañamento, apoio psicosocial e formación en diferentes ámbitos: realización de compras,habilidades sociais e laborais, obradoiros de economía familiar e xestión de diñeiro, pautas de alimentación e nutrición saudable, así como estimulación para a participación en actividades comunitarias e mellora da socialización.

COS MEUS: PERCIBO, COMPRENDO, LEMBRO E APRENDO

Promoción e apoio da autonomía das persoas maiores

Este programa, ofrece aos maiores do noso medio rural servizos que facilitan o desenvolvemento dun plan de vida na súa vivenda, na súa contorna e sen estar sós.
Neste programa preténdense levar a cabo intervencións de fisioterapia e terapia ocupacional que permitan a mellora das capacidades físicas ou psíquicas que ralenticen o seu deterioro. Ademáis tamén se promoven sesións informativas e formativas para familiares e/ou coidadoras/es de persoas maiores en situación de dependencia que precisen apoio externo para levar a cabo a súa vida cotiá. E por último préstase apoio aos/ás coidadores/as con demencia ou alzheimer das nosas zonas.

PROGRAMA VOU CONTIGO

Servizo de acompañamento para a realización de visitas médicas, xestións ou outras actividades

O programa VOU CONTIGO ten entre os seus obxectivos acompañar ás persoas maiores na realización de visitas médicas, xestións ou outras actividades, contribuír á participación social e fomentar as relacións interxeneracionais.Para levar a cabo o programa colaboramos estreitamente con profesionais dos servizos sociais dos concellos e con profesionais dos centros de saúde

PROGRAMA VOLUNTARIADO AMBIENTAL: COÑECER, CONSERVAR, COIDAR A NOSA CONTORNA!

Sensibilización, fomento de aprendizaxe-servizo, organización de limpezas, reciclaxe, asesoramento.

Queremos contribuír ao mantemento e desenvolvemento das persoas afincadas nas nosas contornas, no noso medio natural, así como poñer en valor todo o que nos rodea, ademais de sensibilizar e ensinar aos que participan nas actividades do programa toda a problemática que rodea tanto ao medio ambiente como ao rural.

CAPACIDADE INCLUSIVA, RURAL E ACTIVA

Estimulación cognitiva,participación, apoio ás familias, sensibilización

Traballamos para fomentar a creación de espazos inclusivos, accesibles e universais tratamos de dotar de autonomía e empoderamento ás persoas que habitan nas aldeas, ademais de proporcionar seguridade a través do acompañamento e da consolidación das redes de apoio.

Facémolo así: potenciando, xeneralizando e afianzando habilidades e destrezas físicas, cognitivas e sociais, achegando os servizos terapéuticos e rehabilitadores ás persoas que viven no rural, facilitando a súa mobilidade, promovendo a participación comunitaria e o ocio inclusivo e prestando apoio ás persoas coidadoras.

ALDEAS ACTIVAS E SAUDABLES

Estimulación cognitiva, novas tecnoloxías, recuperación de saberes, teatro, baile, xeronto ximnasia

Dinamizamos diferentes accións orientadas a que as persoas maiores teñan unha vellez saudable e activa, para iso ofértanse actividades como : estimulación cognitiva, novas tecnoloxías, recuperación de saberes, teatro, baile, xeronto ximnasia…

Fomentamos o envellecemento activo e a prevención da dependencia, e apostamos pola permanencia das persoas no seu fogar facilitándolle o acceso a programas de atención terapéutica.

O uso das TIC tamén está presente na vida diaria das persoas maiores do noso medio, polo que promocionamos o seu suo.

Favorecemos a participació previndo o illamento ,e asesoramos á rede de apoio, coidadores/as e familiares nos aspectos que precisen.

PROGRAMA DE CONCILIACIÓN FAMILIAR «CONCILIA RURAL»

Actividades de atención asistencial e socioeducativa a nenos e nenas do medio rural destinadas á facilitar a conciliación familiar.

No programa concilia rural destaca o obxectivo principal para procurar unha axeitada atención asistencial e/ou socioducativa destinadas ao colectivo infanto-xuvenil á vez que que se facilita a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas que integran o núcleo familiar. 

Para acadar o obxectivo principal, foméntase a conciliación da vida laboral e familiar no medio rural; favorécese o tempo de lecer en familia con actividades de convivencia; poténciase a lingua e cultura galega que favorezan o desenvolvemento da comunidade.Trabállase para asegurar a inclusión social de persoas en risco de exclusión e diversidade funcional. Téntase na medida do posible evitar a perda de alumnado nos centros educativos do  rural por problemas de conciliación e por último préstase apoio ás familias destinatarias fomentando a educación en valores.  

O NOSO ESPAZO

Actividades educativas, culturais e de lecer, dereitos da infancia, participación, etc…

Traballamos coa infancia, para fomentar a súa participación en actividades educativas, culturais e de lecer, así como provendo hábitos saudables e a sensibilización sobre os seus dereitos, mesmo, no ámbito escolar, colaborando constantemente cos centros educativos e coas Anpas.

Os nenos e nenas do medio rural poden desfrutar de actividades similares as que poderían acceder se estivesen no medio urbano: reforzo escolar, informática, teatro, intelixencia emocional, pintura, xadrez,.. e sobre todo espazos de convivencia, excursións e viaxes educativos e culturais que lles permiten coñecer outras realidades.

Traballamos coas familias en parentalidade positiva, en asesoramento e atención individual e en actividades grupais e de coñecemento da natureza o entorno, os saberes tradicionais dos territorios e dende o pobo escola de Lodoselo, tentando reforzar o sentimento comunitario do medio rural.

 Prestarémoslles especial atención a nenos/as con necesidades educativas especiais, e familias en situación ou risco de exclusión social.

Se queres participar nalgún dos programas ou precisas información ou asesoramento podes atoparnos en Vilardevós e Verín

SEDE VILARDEVÓS: Rúa Xacinto Santiago, 23. Vilardevós.

Tlf: 988417232

SEDE VERÍN: Rúa Mariano Carrero, 10, Verín

Tlf 988989508

Tamén podes escribirnos un correo electrónico a rural@cdrportasabertas.org

Síguenos en facebook e en twitter para enterarte de todas as novidades!

Ir al contenido