Este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, levamos a cabo diferentes actividades no centro, enmarcadas no programa ELAS (Empoderamento, Liberdade, Autoestima e Solidariedade).
Dinamizamos un obradoiro sobre mulleres pioneiras do CEIP Vicente Risco de Cualedro. Aquí podedes ver algunhas fotografías da implicación dos nenos e nenas nunha sesión na que coñeceron a mulleres referentes en diferentes campos:
Durante a semana do Día Internacional da Muller, a través das redes sociais daremos a coñecer as historias dalgunhas mulleres que abriron camiño, a modo de homenaxe, podes ver a campaña no facebook de Portas Abertas
O programa ELAS está subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade ao abeiro da RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes, e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas, no ano 2021
Xunto coas entidades da comarca, Femuro, o Centro de Información á Muller e Cruz Vermella Monterrei, participamos nas actividades conxuntas do día 8 de marzo que podedes ver no cartel: