21 de Marzo: Día Internacional contra a discriminación racial.
Vivimos nunha sociedade diversa e con ampla riqueza cultural. Por este motivo é preciso que as persoas que formamos parte da mesma, e especialmente os nenos e nenas, comprendan a realidade dende diversas ópticas e que contribúan a unha transformación social que respecte e beneficie a diversidade cultural e a convivencia.
Por elo, dende o CDR Portas Abertas, vimos de realizar, neste mes de marzo, diversas actividades nos diferentes centros educativos, coa fin de mellorar a convivencia intercultural e evitar as situacións de discriminación racial e xenofobia.
Os obxectivos plantexados traballaronse a través dunha metodoloxía participativa, inclusiva, dinámica e cunha aprendixe experiencial e de autodescubrimento. Empregouse o xogo como principal ferramenta de aprendizaxe.
Esta actividade, deseñada específicamente para os centros educativos, enmárcase dentro do noso Programa “Galicia Acolledora”, concedido á agrupación de entidades rurais Terra e Xente a través da convocatoria do 0,7% do IRPF 2021 da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia (Orde do 9 de Setembro de 2021)