Dende o «Programa de sensibilización e concienciación sobre a despoboación e a necesidade de emprendemento no mundo rural» e o «Servizo integral de apoio e asesoramento para o asentamento e fixación de novas persoas poboadoras no medio rural» ofrecemos un espazo para visibilizar os recursos que desexes alugar, vender, ceder, traspasar, etc.
Tamén proporcionamos información personalizada sobre as oportunidades (ofertas de traballo, negocios, viventas e terras) dispoñibles nos territorios onde traballamos.
Poden participar deste programa e deste servizo tódalas persoas que desexen vivir no mundo rural, así como persoas, concellos e outras entidades que queiran aportar recursos e revitalizar os nosos pobos. É requisito para a participación ter residencia legal en España.
Os obxectivos deste programa son:
Sensibilizar e concienciar sobre o problema da despoboación
O «Programa de sensibilización e concienciación sobre a despoboación e a necesidade de emprendemento no mundo rural» concedido a través de COCEDER polo Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 por Solidaridad con otros fines de Interés Social.
O «Servizo integral de apoio e asesoramento para o asentamento e fixación de novas persoas poboadoras no medio rural» concedido a través de COCEDER por o Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030.
Para participar ou ampliar información :
www.volveralpueblo.org
ou contacta co CDR Portas Abertas.
Sede Vilardevós: Rúa Xacinto Santiago, 23. Vilardevós TLF 988417232
Sede Verín: Rúa Mariano Carrero, 10. Verín TLF 988989508
ou por correo electrónico: rural@cdrportasabertas ou despoboacion@gmail.com e contacta co equipo de facilitadores rurais.