O venres 29 de abril celebramos o Día Europeo da Solidariedade e Cooperacion entre Xeracións. Para elo levamos a cabo un encontro entre xeracións e tamén entre culturas, onde a idea principal é a de recalcar os valores tradicionais ao redor do xogo e os contos de sempre.
Nun clima de confianza, diversión e aprendizaxe compartimos tradicións, costumes e xogos no centro social da Pousa de Monterrei, e disfrutamos dun paseo pola beira do río Támega no que ademais puidemos ver como a natureza chegou ó seu esplendor co inicio da primavera.
Na actividade participaron persoas de todas as idades, que teñen vinculación co CDR Portas Abertas a través dos distintos programas que realizamos, e que podedes ver no apartado programas.
Esta actividade enmárcase nos Programas «Aldeas Activas e saudables» e «Galicia Acolledora», ámbolos 2 concedidos á agrupación de entidades rurais Terra e Xente a través da convocatoria do 0,7% do IRPF 2021 da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia (Orde do 9 de Setembro de 2021).
A continuación podedes ver unha selección de imaxes da xornada.