Proceso de selección: psicólogo/a

SETEMBRO-DECEMBRO 22- NOVO ITINERARIO CON FORMACIÓNS GRATUITAS
31/08/2022
O CDR Portas Abertas e a Universidade de Santiago de Compostela reúnense para seguir traballando no Proxecto “Biocuidados”
11/11/2022
Mostrar todo

Proceso de selección: psicólogo/a

No Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas iniciamos un proceso de selección para a contratación dun psicólogo ou psicóloga.

A persoa seleccionada incorporarase no equipo de traballo dun proxecto piloto contra a pobreza infantil a desenvolver dende decembro de 2022 a novembro de 2023.

Requisitos:

  • Licenciado/a ou graduado/a en psicoloxía.
  • Experiencia en traballo con infancia e familia.
  • Experiencia en intervención con persoas en risco ou situación de vulnerabilidade.
  • Dispoñibilidade para incorporación a principios de decembro de 2022

Condicións:

  • Xornada parcial de 10 horas semanais
  • Flexibilidade horaria
  • Salario segundo convenio

Proceso de selección:

Recepción de candidaturas ata o día 15 de novembro.

Enviar curriculum e carta de motivación a: rural @ cdrportasabertas.org ou entregar na sede de Vilardevós: Rúa Xacinto Santiago, 23, Vilardevós. Ourense

Máis información no 988417232

Ir al contenido