No marco do programa «Itinerarios integrados contra a despoboación» que levamos a cabo a través de Coceder iniciamos un novo itinerario que levamos a cabo entre xaneiro e abril de 2023.
Neste itinerario, no que seleccionaremos a 25 persoas participantes, realizaremos as seguintes accións:
Todas as persoas participantes deben realizar orientación e acompañamento, xa que se trata dun itinerario, no que realizamos a análise da empregabilidade, o plan de traballo, a orientación laboral e o acompañamento no desenvolvemento de competencias para acceder ao traballo.
Para participar pódese solicitar unha entrevista coa orientadora laboral no teléfono 988989508 ou no correo: orientacion @ cdrportasabertas.org
Trátase de accións gratuitas, xa que se levan a cabo a través do «Programa Operativo de Inclusión Socia e e Economía Social»,(POISES-CCI2014ES05SFOP012), dentro do seu eixo para promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación e confinanciados pola Xunta de Galicia a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no Medio Rural (con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería con competencias en materia de política social).