Reunión do proxecto «Biocuidados» na Xunta

Abertas inscricións para novo itinerario con formación en poda e bodega, e informática.
09/01/2023
Programas 2023: Integral de intervención comunitaria no medio rural
09/02/2023
Mostrar todo

Reunión do proxecto «Biocuidados» na Xunta

No marco do Proxecto «Biocuidados», no día de onte, o CDR Portas Abertas e o CDR O Viso achegámonos ata Santiago de Compostela para manter unha reunión con Antonio Acevedo Prado, Director Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Xunta de Galicia.

O obxectivo desta reunión non era outro que manter á Dirección Xeral de Maiores ao tanto dos avances no noso proxecto e atopar aqueles puntos nos que poida haber unha posible colaboración.

Proxecto vinculado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da Secretaría de Estado de Ministerio de Derechos Sociales e Axenda 2030, e financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU

Ir al contenido