NOVO ITINERARIO: ORIENTACIÓN, ACOMPAÑAMENTO E FORMACIÓN EN HOSTELERÍA E INFORMÁTICA

Vídeo «Volver al pueblo» en Ourense
14/04/2023
O CDR Portas Abertas impulsa a modernización e a transformación dixital para o desenvolvemento integral no medio rural.
02/05/2023
Mostrar todo

NOVO ITINERARIO: ORIENTACIÓN, ACOMPAÑAMENTO E FORMACIÓN EN HOSTELERÍA E INFORMÁTICA

Dende xaneiro de 2020 levamos a cabo a través de Coceder o programa Itinerarios Integrados contra a despoboación. Cada catro meses iniciamos un novo itinerario no que todas as persoas participantes reciben:

  • Orientación laboral e asesoramento personalizado
  • Acompañamento e seguemento á inserción sociolaboral e emprendemento sostible
  • Formacións
  • Formación transversal e igualdade de oportunidades e sensibilización medioambiental

Trátase de accións gratuitas que se levarán a cabo na comarca de Verín entre os meses de maio e agosto de 2023

Quen pode participar?

Persoas desempregadas

Persoas traballadoras

Persoas novas poboadoras do medio rural

Persoas interesadas en emprendemento

Se non está seguro/a de se cumples os requisitos ou cómo che pode ser útil o programa, contacta e veremos a túa situación particular.

Como inscribirse?

Para inscribirse ou recibir máis información, hai que solicitar unha cita coa orientadora laboral do programa, chamando ó 988989508, enviando un whatsapp a ese mesmo número ou no local de Verín: Rúa Mariano Carrero, 10.

É obrigatorio partipar en todas as actividades?

Sí, faise un itinerario personalizado con cada persoa, que contempla todas as actividades, sendo a acción de formación optativa en función da situación e o obxectivo da persoa.

Realízanse accións de orientación, nas que se analiza o perfil profesional da persoa participante, a súa empregabilidade e se deseña un plan de traballo e o coñecemento tanto do mercado laboral obxectivo como do perfil profesional dende o punto de vista competencial.

As accións de acompañamento permiten desenvolver competencias profesionales, dende a relacionadas coa busca de emprego ou o deseño do plan de emprendemento ata aquelas que a persoa precise para poder desenvolver o seu traballo obxectivo con éxito. Tamén realizamos intermediación laboral coas empresas do territorio facilitando o coñecemento entre as persoas participantes e as empresas que precisan persoal na nosa comarca.

As persoas que no seu plan de traballo contemplen accións de formación que realizamos neste itinerario poden participar nestes cursos que igual que o resto das accións son de balde:

Camareiro/a de Cafetería e Restaurante 30 h.

Trátase dunha formación na que se desenvolven competencias técnicas necesarias para traballar en restaurante ou cafetería: servizo de barra, servizo de mesa, viños, cervexas, cafés e elaboracións sinxelas.

Informática para o ámbito laboral

Trátase dunha formación de 25 horas na que se desenvolven competencias relacionadas co uso da informática no ámbito do traballo: traballo colaborativo e ferramentas de traballo na nube, ofimática, redes sociais profesionais e blogs. Son coñecementos imprescindibles para traballar case en calquera ámbito e posto de traballo en plena era dixital.

Se estás interesada/o en participar nos Itinerarios Integrados contra a Despoboación ou tes algunha dúbida contacta con nós.

Este programa lévase a cabo a través de Coceder e no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES-CCI2014ES05SFOP012), dentro do seu eixo para promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación e confinanciados pola Xunta de Galicia a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no Medio Rural (con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería con competencias en materia de política social).

Ir al contenido