Ofrecer un acceso inclusivo e de calidade aos recursos e servicios que melloren a calidade de vida dos habitantes do medio rural mediante o emprego das novas tecnoloxías é o principal obxectivo do Programa de Modernización e Transformación Dixital que actualmente impulsan tanto o CDR Portas Abertas así como, as demais entidades asociadas a COCEDER.
Este proxecto levarase a cabo en oito comunidades autónomas (Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castela e León, Extremadura, Galicia e a Comunidade Valenciana) e implica una forte inversión tecnolóxica que se desenvolverá a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Para o desenvolvemento das diferentes acción cóntase con 2 millóns 499 mil euros, que se executarán tanto na sede estatal de COCEDER como nos seguintes Centros de Desenvolvemento Rural: O Viso (Ourense), Portas Abertas (Ourense), Fundación Edes (Asturias), El Prial (Asturias), Asociación Pasiega (Cantabria), AFA Bierzo (León), El Villar (León), Almanzor (Ávila), Carrión de los Condes (Palencia), Carrión-Ucieza (Palencia), Valdecea (Valladolid), El Sequillo (Valladolid), Cerujovi (Badajoz-Cáceres), Montaña y Desarrollo (Málaga), Sastipem Thaj Mestapen (Sevilla), Alt Maestrat (Castellón), Palancia-Mijares (Castellón), La Safor (Valencia), Asociación Cultural Grío (Zaragoza) e Asociación Guayente (Huesca).
O programa busca un cambio no modelo de relación e atención coas persoas, especialmente aos máis vulnerables, para crear entornos equitativos, accesibles, con maiores apoios e máis resilientes que permitan desenvolver no medio rural un proxecto de vida pleno.
Para logralo utilizaranse dispositivos de teleasistencia móvil accesible, domótica, plataformas de servicios, aplicacións de soporte diverso e outras ferramentas que conxuguen as necesidades e intereses dos beneficiarios e beneficiarias de diversos servicios, coa disponibilidade de recursos e persoas colaboradoras na comunidade.
As acción do Programa de Modernización e Transformación Dixital tamén demanda una profunda transformación da entidade. Implementarase un sistema integrado de información basado na conexión de ferramentas e procesos (ERP/CRM, análisis de datos, marketing dixital, firmas biométricas, conectividade, automatización de procesos, presencia na web e redes sociais, etc.) para simplificar e facilitar a xestión administrativa e desenvolver novos canais de acceso, prestación de servicios, comunicación e participación das persoas.