O CDR Portas Abertas traballa con COCEDER para facer accesibles os recursos do medio rural

imáxe do programa transformación dixital
O CDR Portas Abertas está a impartir nos Centro Sociais de Tamagos e de Navallo o «Curso de Manexo do Móbil» durante o mes de xullo de 2023. Grazas o Programa «Transformación Digital para el Desarrollo Integral del Medio Rural» promovido por COCEDER
11/07/2023
Programa «No Rural Ninguén Só»
22/09/2023
Mostrar todo

O CDR Portas Abertas traballa con COCEDER para facer accesibles os recursos do medio rural

No marco do Programa de “Transformación Digital para el desarrollo integral del medio rural”, Portas Abertas e os demais centros asociados a COCEDER damos o primeiro paso para a creación dunha App que facilite o acceso rápido, sinxelo e gratuíto a toda a información sobre servizos e recursos locais dispoñibles en cada concello onde incide o noso traballo.

Actualmente a aplicación está en fase de recollida de información para alimentar as bases de datos. Despóis acoplaranse á unha plataforma informática que permitirá á xente utilizar toda esa información dun xeito sinxelo, intuitivo e accesible.

A creación desta App baséase nunha experiencia previa desenvolvida en Castela e León. Agora o que se pretende é actualizar as funcionalidades para mellorar o servizo á comunidade rural e incluír novas rexións de sete Comunidades Autónomas (Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Estremadura, Galicia e a Comunidade Valenciana).

A aplicación funcionará a través da xeolocalización e a búsqueda poderá realizarse de diversas formas: Relación de concellos, mapa ou categorías de servizos (transportes, sanidade, culturais, institucionais, comerciais, servizos sociais, etc).

Un compoñente importante deste proxecto é a interacción e comentarios cos usuarios. Quen o desexe poderá realizar actualizacións ou integrar novos recursos coa opción de enviar detalles e imaxes para incorporalas ás bases de datos.

Esta aplicación pretende dar visibilidade aos recursos e servizos que existen nas vilas e sobre os que, en moitos casos, hai pouca información ou non é accesible. Deste xeito ponse a disposición das persoas información actualizada, próxima e de uso frecuente que incide directamente na súa vida diaria.

O desenvolvemento desta ferramenta enmárcase dentro das actuacións do Programa de Transformación e Modernización do Terceiro Sector e executarase grazas ás axudas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da

Secretaría de Estado de Dereitos Sociais do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e ao financiamento da Unión Europea con fondos NextGenerationEU.

Este proxecto demostra o compromiso de COCEDER e dos seus centros asociados coa misión de reducir a fenda dixital e territorial que sofren as zonas rurais e coa procura de solucións que melloren a calidade de vida dos seus habitantes.


Ir al contenido