Programa estatal FSE+ de Inserción social, garantía infantil e loita contra a pobreza

Promoción de Actuacións de Servizos Sociais Comunitarios e Inclusión Social para os Anos 2023 a 2025
24/01/2024
 Curso de Poda da vide e traballos de bodega
08/02/2024
Mostrar todo

Programa estatal FSE+ de Inserción social, garantía infantil e loita contra a pobreza

Da man de Coceder e dende o CDR Portas Abertas, estamos dando inicio ao programa estatal FSE+ de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza (2021es05sfpr003). Dende este programa ofrecemos acompañamento persoal, social e laboral para promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación, a participación activa e mellorar a empregabilidade.

📌Este programa está cofinanciado pola Unión Europea, para promover a #inclusiónsocial das personas que se atopan en situación ou en risco de exclusión social e pola Xunta de Galicia a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no Medio Rural (con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado pola Consellería de Política Social e Xuventude.)

Para saber máis podes achegarte a calquera das nosas oficiñas ou contactar a través dos nosos teléfonos ou por correo electrónico.

Ir al contenido