PROGRAMA BENESTAR NO RURAL

Promoción de Actuacións de Servizos Sociais Comunitarios e Inclusión Social para os Anos 2023 a 2025
16/05/2024
GRUPO DE APOIO ENTRE MULLERES MIGRANTES
10/09/2024
Mostrar todo

PROGRAMA BENESTAR NO RURAL

Un ano máis contamos co apoio da Deputación de Ourense e podemos presentarvos un novo Programa, Benestar no Rural. Está dirixido a persoas do medio rural da Comarca de Verín con discapacidade maior do 33% ou persoas con enfermidades crónicas, así como as súas familias.

Partimos de dous obxectivos principais:

  • Ofertar actividades para a mellora da saúde física e psicolóxica de persoas con discapacidade ou enfermidade crónica, do medio rural da Comarca de Verín.
  • Ofertar actividades para a mellora da saúde física e mental das persoas coidadoras ded persoas con discapacidade ou enfermidade crónica.

Actividades que interveñen directamente mellorando a súa saúde emocional, o seu benestar físico e psíquico, o seu crecemento persoal e a relación e o fomento das relacións persoais.

Preténdese mitigar a sensación de soidade e de afastamento co que nos atopamos no medio rural. Prestar apoio as persoas coidadoras que nalgúns casos tamén son persoas con discapacidade. Así mesmo prestar apoio para xestións da vida diaria.

As persoas serán axentes propios do cambio, elas serán donas dos ritmos e tomarán as decisións para a consecución dos obxectivos do proxecto.

Ir al contenido