Dirixido a persoas migrantes, o programa ‘Todos los pueblos, Todas las personas, Todos los Derechos’ é unha iniciativa que ten como obxectivo principal levar a cabo accións informativas destinadas a promover o coñecemento dos dereitos, liberdades e obrigas das persoas migrantes que residen no ámbito rural.
Búscase sensibilizar ás comunidades rurais, asegurando que as persoas migrantes poidan acceder á información necesaria para coñecer e exercer plenamente os seus dereitos.
Este programa é impulsado por COCEDER e conta co apoio financieiro do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, no marco dos programas do interese xeral, financiados a través da asignación tributaria do 0,7 % do IRPF.