"Ser voluntario/a e actuar de forma desinteresada, con responsabilidade, sen compensación económica, nunha acción levada a cabo en beneficio da comunidade, que obedece a un programa de acción, coa vontade de servir; é unha actividade solidaria e social; o traballo voluntario non é unha ocupación habitual, é unha decisión responsable que vén dun proceso de concienciación e conciencia, respecta plenamente o individuo ou os individuos aos que se dirixe a actividade e pode traballar illado. Aínda que normalmente actúa como grupo. "
Programas con participación voluntaria:
- Educación compensatoria.
- Lecer e tempo libre para nenos/as e mozos/as.
- Acompañamento ás persoas maiores.
- Envellecemento activo.
- Alfabetización.
- Formación na lingua da sociedade de acollida para os imigrantes.
- Organización de rutas.
- Limpezas do entorno.
- Escola-Aprendizaxe do xadrez.
Se queres participar como voluntario/a, ponte en contacto coa entidade.
En proxectos con poboación en situación ou risco de exclusión social, dirixidos a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos, enmarcado no programa do mesmo nome da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. A duración das actividades será de 60 días, tras o cales os/as mozos/as participantes obterán un certificado de educación non formal que acredite a acción voluntaria desenvolvida.
Se tes entre 16 e 30 anos e queres participar, ponte en contacto coa entidade a través do sitio web, na sección "Faite voluntario/a", por teléfono 988 417 232/988 989 508 ou enviando unha mensaxe ao enderezo de correo electrónico rural@cdrportasabertas.org. Tamén podes ir directamente ás nosas oficinas na R / Xacinto Santiago, 23- VILARDEVÓS (Ourense) ou na R / Mariano Carrero, 10-VERÍN (Ourense).