Obxetivo:
Facilitar a permanencia das persoas maiores no seu entorno e domicilio, con unha maior calidade de vida a través de varias accións e prestando atención os/as principais coidadores/as.
Liñas de acción prioritarias:
- Información, orientación e asesoramento para as persoas maiores e as súas familias.
- Información e coordinación cos Servizos Sociais dos Concellos da Comarca, médicos de familia e traballadores/as sociais dos centros de saúde e do hospital de Verín.
- Acompañamento aos anciáns que viven sós para realizar trámites administrativos, médicos, ...
- Formación para coidadores/as de persoas maiores e /ou dependentes.
- Terapia ocupacional no domicilio con persoas maiores e apoio ás familias.
- Obradoiros de memoria.
- Obradorios para mellorar as habilidades psicomotoras.
- Actividades interxeracionais.