Itinerarios integrais contra o despoboamento rural e a inclusión social
Programa concedido a COCEDER como entidad beneficiaria de una operación de fondos FSE+ (2021-2027) dentro del Objetivo Político: 4 “Una Europa más social e inclusiva por medio de la aplicación del pilar europeo de derechos sociales”. Y que ejecutamos las entidades socias de COCEDER, entre ellas el CDR Portas Abertas.
Obxetivos Xerais:
- Promover a inclusión social das persoas que se atopen en situación ou risco de exclusión social, mediante o seu desenvolvemento persoal, social e laboral.
- Aproximar e reforzar a intervención social, persoal e comunitaria con persoas en situación de exclusión social.
- Evitar, mediante un plan de intervención, que se reproduza o patrón xeracional de pobreza.
Obxetivos Específicos:
- Promover o proceso de integración comunitaria que permita o acceso aos recursos xerais e específicos de carácter social, sanitario, formativo, de emprego protexido e de ocio.
- Promover a Igualdade de oportunidades da infancia procedentes de contornas desfavorecidas
- Desenvolver intervencións na contorna de convivencia da persoa que contribúan a establecer formas de participación significativas.
- Lograr a participación social normalizada da persoa na súa contorna convivencial na súa comunidade que xenere identidade co medio.
- Promover o emprego mediante intervencións activas que permitan a integración no mercado de traballo, en particular das persoas mozas e mulleres.
- Contémplase á muller como un colectivo específico á hora de trazar convenios de colaboración en materia de responsabilidade social co tecido empresarial comarcal.
- Desenvolveranse accións de conciliación da vida familiar e laboral no medio rural: contemplaranse servizos de conciliación (atención á infancia e acompañamento a persoas maiores) e de apoio á conciliación para permitir a participación en condicións de equidade.
Programa estatal FSE+ de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza (2021es05sfpr003). Este programa está cofinanciado pola Unión Europea, para promover a inclusión social das personas que se atopan en situación ou en risco de exclusión social e pola Xunta de Galicia a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no Medio Rural (con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado pola Consellería de Política Social e Xuventude.)