O Programa de Transformación Dixital está promovido por COCEDER, vinculado ó Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Secretaría do Estado de Dereitos Sociais do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea con fondos NextGenerationEU.
PROGRAMA TRANSFORMACIÓN DIXITAL PARA O DESENVOLVEMENTO NO MEDIO RURAL
Con este programa pretendemos mellorar a intervención social das persoas no medio rural, especialmente das máis vulnerables. Permitelle a entidade definir unha estratexia dixital eficaz que impacte de maneira positiva nas persoas coas que traballamos no día a día, na base social, nas persoas traballadoras e voluntarias.
Este programa é a oportunidade para alinearse nun contexto cada vez máis dixitalizado e traballar por unha sociedade inclusiva que non deixe a ninguén atrás.
LIÑAS DE ACTUACIÓN:
- LIÑA DE ACTUACIÓN 1: Mellorar a intervención social e promover a innovación social a través de actuacións de transformación dixital que colaboren coa modernización dos servicios sociais.
- LIÑA DE ACTUACIÓN 2: Estratexia de transformación dixital.
- LIÑA DE ACTUACIÓN 3: Dixitalización dos procesos e fluxos internos da entidade para acelerar a acción social.
- LIÑA DE ACTUACIÓN 4: Potenciar o apoio e a participación da base social.
- LIÑA DE ACTUACIÓN 5: Incrementar as competencias dixitais dos e das profesionais, persoas beneficiarias/os e das persoas voluntarias/os da entidade.
Esto supón un avance na calidade e o valor das intervencións sociais para a búsqueda de entornos máis resilientes, algo necesario para que as zonas rurais se poidan desenvolver en condicións de equidade con respecto as zonas urbanas. Pretende abordar a desigualdade de oportunidades que a poboación rural ten en materia de acceso a servicios, de atención e apoios posibilitando que realicen o seu proxecto vital coa inclusión da tecnoloxía.
Tamén supón un novo avance na comunicación e participación entre as persoas beneficiarias/os, voluntarias/os, con outras entidades sociais etc. Así como, para unha nova maneira de relación, comunicación, participación e atención integral coas persoas do medio rural que require dunha transformación a todos os niveis.
De maneira innovadora utilizaranse dispositivos de atención coas persoas vulnerables con necesidades de apoio (asistencia por voz e imaxen)domótica, plataformas de servicios, etc .
O obxectivo é alinear a necesidade de apoios/cuidados coa tecnoloxía para conseguir que permanezan no seu entorno, creando así, comunidades máis inclusivas e resilientes.